miércoles, 10 de diciembre de 2014

ATA SEMPRE!

Hoxe é o día en que remata este camiño que comezamos hai só 3 meses. Pola mañá estivemos facendo as exposicións dos nosos traballos na clase os 3 grupos, e a verdade é que se notou moito a evolución desde as primeiras ás últimas actividades.

Foi un percorrido onde, persoalmente, aprendín a empregar a miña creatividade, a traballar en grupo máis numeroso do habitual, a chegar a consenso... tamén fun máis consciente da necesidade que hai de adaptar materiais para os nenos e nenas de NEE e o pouco que as editoriais teñen isto en conta.

Quero desde esta entrada tamén valorar o traballo dos demáis grupos, ABC interactúa e La hora de la TV, co bo traballo que fixeron adaptando material xa existente e adaptando materiais para traballar mediante a TV, respectivamente. Na miña opinión, acadaron os obxectivos que xustificaban a elaboración do seu proxecto de largo.

Só me queda dicir que con esta materia aprendín moito máis do que cría e incluso disfrutei na elaboración deste mesmo blog ou da nosa web quest. Síntome eternamente agradecida por cada comentario que nos deixastes para mellorar e só espero que o noso traballo vos gustase e merecese a pena para vós e para os máis pequenos e pequenas.

Sen máis despídome deste traballo semanal que aquí chega ao seu punto e final. Espero que pronto volvamos a lernos e que esta entrada sexa unha páxina máis dun libro que aínda non chegou á súa fin.

Unha aperta e gracias por TODO!

Bo Nadal e Feliz Aninovo 2015 para todos aqueles e aquelas PEQUETICS

No hay comentarios:

Publicar un comentario