domingo, 21 de septiembre de 2014

As miñas expectativas

Nun primeiro momento, cando a profesora nos deu a posibilidade de poder escoller os temas, na miña opinión, o de crear materiais era a opción máis satisfactoria.

Desde sempre o tema de poder crear materias que todos os nenos puidesen manexar foi para min un reto persoal. Debido á cantidade de nenos con necesidades especiais que hai nas aulas, o noso labor como futuros mestres é facilitarlles a aprendizaxe con todo o que estea na nosa man.

Na actualidade, por desgraza, aínda existen docentes que non son conscientes das achegas que ten para a aula e para os demais alumnos contar cun neno con necesidades especiais. E viceversa. Para un neno con necesidades educativas especiais estar nunha aula ordinaria non debería ser unha posibilidade, senon un feito.

Para facer máis comprensible a miña opinión gustaríame compartir con vós unha pequena anécdota:

Intentando facer un traballo sobre a inclusión acudín ao meu antigo colexio de primaria para ver como lle adaptaban os materiais a un neno con parálise cerebral, como o examinaban... Porén, tras unha charla cun dos docentes do alumno, atopeime que o que facían con el na clase de inglés non era, nin moito menos, facilitarlle a aprendizaxe, se non que o que facían era polo a copiar unha canción do libro no seu ordenador para que "non molestase".

Esa situación indignoume moito, e moito máis porque fose no colexio onde meus irmáns e eu estudamos.

É  como os meus compañeiros e eu non somos así, por iso e moito máis imos ser capaces de facer materias para todos custe o que custe!

No hay comentarios:

Publicar un comentario